RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Informe sobre o impacto económico do ascenso do Xerez

A Cámara de Comercio de Jerez de la Frontera (Cádiz) presentou no seu página web un detallado informe económico sobre o impacto económico que para a cidade gaditana supondrá o ascenso do Xerez á Primeira Divisi&oa

"O estudo comprende basicamente unha valoración técnica sobre o impacto económico nos diferentes sectores de actividade da cidade, coa novidade, respecto doutras análises, de incluír unha valoración económica dos aspectos intangibles da imaxe de Xerez", di este organismo na súa páxina web oficial.

Os encargados de presentar o estudo, Jesús Medina, Presidente da Cámara de Comercio, e o responsable do mesmo, Mariano Ruiz, falan de gran "oportunidade para a cidade" este fito histórico logrado polo Xerez, club no que militan dous deportivistas, Alex e Aythami.

Descargate aquí o informe da Cámara de Xerez

Na Coruña, o Deportivo leva desde o ano 1991 en Primeira División. Moitos deses anos, o Club paseou o nome da súa cidade por toda Europa, nas máis prestixiosas competicións de clubs continentais, e mesmo América. Grazas ao Deportivo, por exemplo, a Selección Española acaba de disputar un partido oficial en Riazor. ¿Quen é capaz de cuantificar os beneficios que para a cidade trouxo o Deportivo?