RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Insua, Bicho e Dani Igrexas presentan o luns en Espazo Coruña os novos equipamentos

O próximo luns  18 de xuño  ás 19:30 horas tendrá lugar a presentación oficial dos novos equipamentos coas que o Real Club Deportivo regresará á Primeira División. Será no Centro Comercial e de Lecer Esp

Nesta ocasión, os modelos serás tres perlas da canteira deportivista: Pablo Insúa, convocado pola Selección Española sub-19 para o o campionato de Europa da categoría; Dani Igrexas, internacional sub-16 e Javier Fernández Abruñedo, 'Bicho', tamén internacional da sub-16.

Realizadas polo Centro de Investigación e Desenvolvemento de Lotto e seguindo as indicacións do Club para interpretar da mellor maneira posible a identidade e o espírito da entidade, o equipamento do primeiro equipo está composta por tres uniformes.

O primeiro, para os partidos en casa, leva as cores tradicionais, azul real a raias brancas. A camiseta ten un corte, ergonómico e axustado que se adapta perfectamente ao corpo do atleta e está realizada en Poly Double Mesh 10, un tecido sumamente lixeiro, transpirable e elástico que asegura máxima comodidade e retarda a aparición de cansazo durante o xogo.

O pescozo en V bicolor ten un deseño particular e inspírase nun pescozo polo. O nome do club en letras brancas aparece no exterior do pescozo. O escudo do Deportivo está situado no peito mentres que o logo de Lotto aparece tanto no peito como nas mangas. O pantalón curto é de cor azul real con raias brancas laterais.

A segunda camiseta, para os partidos fóra de casa, é negra cunha banda vermella central. O vermello é o mesmo no pescozo en V. Esta camiseta tamén está feita con Poly Double Mesh 10 e posúe as mesmas características técnicas e realización que a primeira camiseta.

Esas mesmas características aplícanse á terceira camiseta, de cor branca con banda central en azul real.

O luns, en Espazo Coruña, todos os afeccionados poderán velas.