RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Insua, Dani Igrexas e Bicho luciron en Espazo Coruña os novos equipamentos

Hoxe luns 18 de xuño tivo lugar, ante preto dun centenar de afeccionados, a presentación oficial dos novos equipamentos coas que o Real Club Deportivo regresará á Primeira División. O escenario foi o Centro Comercial e de Lecer Espazo

Nesta ocasión, os modelos foron tres perlas da canteira deportivista: Pablo Insúa, convocado pola Selección Española sub-19 para o o campionato de Europa da categoría; Dani Igrexas, internacional sub-16 e pichichi do Xuvenil A; e Javier Fernández Abruñedo, 'Bicho', tamén internacional da sub-16 e máximo artilleiro de Cadete A, co que se acaba de proclamar campión da División de Honra. Estiveron acompañados por Jesús Rebollo, conselleiro do Real Club Deportivo; e Patricia Seguin, xerente de Espazo Coruña.

Realizadas polo Centro de Investigación e Desenvolvemento de Lotto e seguindo as indicacións do Club para interpretar da mellor maneira posible a identidade e o espírito do Deportivo, o equipamento está composta por tres uniformes:
 

O primeiro, para os partidos en casa, leva as cores tradicionais, azul real a raias brancas. A camiseta ten un corte, ergonómico e axustado que se adapta perfectamente ao corpo do atleta e está realizada en Poly Double Mesh 10, un tecido sumamente lixeiro, transpirable e elástico que asegura máxima comodidade e retarda a aparición de cansazo durante o xogo. O pescozo en V bicolor ten un deseño particular e inspírase nun pescozo polo. O nome do club en letras brancas aparece no exterior do pescozo. O escudo do Deportivo está situado no peito mentres que o logo de Lotto aparece tanto no peito como nas mangas. O pantalón curto é de cor azul real con raias brancas laterais. Insua foi o que luciu esta camiseta.


O segundo equipamento que portou Dani Igrexas é para os partidos fóra de casa: negra cunha banda vermella central. O vermello é o mesmo no pescozo en V. Esta camiseta tamén está feita con Poly Double Mesh 10 e posúe as mesmas características técnicas e realización que a primeira camiseta.
 

Esas mesmas características aplícanse á terceira camiseta, de cor branca con banda central en azul real. Levouna o dianteiro coruñés Bicho.