RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Intensa xornada para Os Nosos cun partido once para once incluído

Nova sesión de traballo para Os Nosos, esta vez matinal, no campo 2 da Cidade Deportiva.

A xornada arrincou cunha activación dirixida polos preparadores físicos Roberto Cabellud e Sergio Roca.

Concluída esta primeira parte, Antonio Hidalgo dispuxo por grupos un exercicio de posición e un roldo; preámbulo dunha tarefa de evolucións ofensivas con finalizacións.

A mañá finalizou cun partido once para once a tres cuartas partes de campo. O técnico deportivista xa comeza a debuxar ao seu Dépor e impartiu constantes instrucións aos seus xogadores.

Jose Ángel e Arnau Comas están con adestramento personalizado.

Mañá xoves 10 de xullo hai dobre cita en Abegondo: 10:30 e 18:00.