RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Jonathan Rodríguez, novo xogador do Dépor

  Jonathan Javier Rodríguez Portillo (6 de xullo de 1993, Florida, Uruguai) superó o pasado venres o recoñecemento médico no hospital HM Modelo e, unha vez hoxe luns asinada toda a documentación, convértese en xogador

O dianteiro uruguaio adestrará xa mañá martes en Abegondo cos seus novos compañeiros.
 
Jonathan Rodríguez manifestou aos medios de comunicación que "non coñezo moito pero faláronme moi ben do Deportivo". Recoñece o novo dianteiro deportivista que chega con moita "ilusión, moi contento por estar aquí".
 
Desvelou que tiña varias opcións, "no momento no que me deron a oportunidade de saír de Benfica,  decidín vir acá porque me falaron moi ben deste equipo. Estiven con xogadores uruguaios que me falaron moi ben".
 
Asegura Jonathan que en Portugal "estaba a adestrar á vez que os meus compañeiros. Fixen a pretemporada ben, traballei ben. Estou pronto para porme á vez que os meus compañeiros e o corpo técnico".