RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

José Rodríguez: En pretemporada os resultados non acompañaron pero as sensacións non foron malas

José Rodríguez compareció en rolda de prensa esta tarde en Abegondo. No seu opinión, nesta pretemporada recién concluída, "os resultados non acompañaron. E é o de menos. Pero as sensacións non foron malas&quo

Ao seu xuízo, o Deportivo fixo moi bos partidos no Teresa Herrera e na xira de Portugal. "Si que é certo que o outro día (en Ponferrada) non estivemos ben", matiza.

A nivel individual, dixo estar "ben. Tiña unha pequena lesión de nocello e estou a traballar para mellorala. E o equipo bastante ben. Creo que o equipo fixo unha boa pretemporada", insiste.

Destacou a actuación este verán de Fariña e Iván Cavaleiro, "que o fixeron bastante ben. Somos novos, temos altos e baixos. É verdade que eu pensei que me ía a custar máis. Adapteime moi ben, os compañeiros acolléronme moi ben e moi contento porque as cousas están a saír ben".

Explica José Rodríguez que o que máis lle sorprendeu do Deportivo "é o ambiente do vestiario. Eu veño de Madrid e alí é totalmente diferente. Tratáronme moi ben desde que cheguei. Somos como unha familia".