RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

José Rodríguez, novo xogador do Deportivo

O centrocampista alacantino José Rodríguez (Villajoyosa, 16/12/1994) converteuse esta mañana en novo xogador do Real Club Deportivo. Tras superar sen problemas os pertinentes recoñecementos médicos, firmó o seu contrato

José Rodríguez chega cedido por un ano ao Deportivo procedente do Real Madrid. Á súa chegada a Coruña explicaba os motivos que o trouxeron ao Dépor: "falei co adestrador e convenceume de que iamos facer un bo equipo. Tamén os xogadores que estiveron antes aquí, como Arbeloa, faláronme moi ben e é o que me trouxo ata aquí"

Resoltos os temas médicos e contractuais, o futbolista adestrarase xa esta tarde ás 17:30 horas en Abegondo. "Levo dous anos competindo en Segunda e o Dépor dáme unha oportunidade moi boa. Creo que estou preparado para xogar en Primeira División". En canto á súa achega ao equipo, o futbolista recoñeceu a súa preferencia dentro da demarcación que ocupa: "eu o ano pasado xoguei por detrás da punta pero ao meu gústame máis de medio centro e creo que con este adestrador vou xogar máis de medio centro", concluíu.