RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA pelexará este sábado en La Orotava polo Trofeo Teide co Costa Adeje Tenerife

O Dépor ABANCA pelexará pola 53 edición do Trofeo Teide coa Costa Adeje Tenerife de Liga F.

O encontro xogarase este sábado 16 de agosto ás 21:00 (hora galega, 20:00 hora local) no Estadio Los Cuartos de La Orotava.

Esta semana incorporáronse as internacionais que disputaron a última edición da Copa América: Michi Apóstol e Espe Pizarro.

Por contra, son baixa por lesión Millene Cabral e Vera Martínez.

O equipo de Fran Alonso chega ao encontro após conquistar brillantemente a 13ª edición do Trofeo Teresa Herrera en ABANCA-RIAZOR ante o SC Braga por 2-0.

Ademais, As Nosas empataron co Sporting CP (1-1), golearon ao SC Braga (0-4) e caeron pola mínima (3-2) ante o Athletic Club nun partido de poder a poder.

Pola súa banda, a Costa Adeje Tenerife, que a temporada pasada acabou en 6ª posición de Liga F, chega após golear (6-0) ao CD Argual de Segunda Federación.

Eder Maestre, o seu técnico, resalta que "a infraestrutura que gozamos no día a día estanos permitindo dar un salto cualitativo".

Cualifica a temporada que chega de "ilusionante" e ve ao seu equipo "mellor incluso que a temporada pasada".

Quere deixar "boas sensacións" nestes amigables de pretemporada "para chegar coa mellor confianza á primeira xornada".

Finalizado o encontro, As Nosas pasan a noite en Santa Cruz de Tenerife, adéstranse o domingo 17 de agosto pola mañá e viaxan de regreso á Coruña pola tarde.