RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Juan Domínguez e Laure inauguraron esta tarde o Museo da liga en Marineda City

Dous dos capitáns do Real Club Deportivo, Juan Domínguez e Laure, acompañados polo Conselleiro responsable do Área Social, Martín Pita; e o Director Comercial do Club, Ignacio Martínez Dopico, visitaron esta tarde o Muse

Tras pousar para os medios gráficos, os representantes do Dépor puideron apreciar os distintos obxectos históricos do fútbol seleccionados do Museo Vicente Amorós, que dispón de máis de 40.000 pezas recompiladas desde a segunda metade do século pasado.

A continuación, os dous capitáns asinaron unha camiseta branquiazul impresa nun mural con numerosas mensaxes de ánimo e de apoio de afeccionados deportivistas.

A caseta conta ademais cunha área para fotos con imaxes dos ídolos, futbolines e un mini-auditorio cunha pantalla onde poder ver vídeos de partidos emblemáticos da liga BBVA e Liga Adiante, así como da historia da propia LFP.
No espazo, que estará en Marineda City ata o domingo día 8, poderanse contemplar exposicións, participar en xogos e concursos, así como gozar de videoxogos tan coñecidos como a FIFA 2015 de Electronic Arts.

Finalmente, Laure e Juan Domínguez asinaron postais, autógrafos e fotografáronse con decenas de afeccionados que agardaban por eles en Marineda.