Juanfran en zona mixta: 'Hai que seguir traballando igual e seguro que as vitorias van chegar'
Juanfran subrayó na zona mixta do Molinón que "o Deportivo ten 31 puntos, está nunha situación privilexiada de face ao seu obxectivo que é a permanencia".
O carrilero deportivista cualificou o encontro como "moi disputado, que podía caer para calquera dos dous lados. Hai que seguir traballando igual e seguro que as vitorias van chegar".
Destacou que o Sporting "viña de dúas vitorias, de gañar no campo da Valencia e dun resultado moi favorable contra unha Real Sociedade aquí. Todos os equipos teñen necesidade agora, todos os equipos queren sumar e realmente son máis complicados rivais da nosa liga que rivais que se están xogando meterse en Europa ou cotas diferentes".