RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Kanatlarovsky, seleccionador de Macedonia.

O ex- xogador deportivista Dragan Kanatlarovsky foi nomeado novo adestrador da selección de Macedonia de fútbol.

Aos seus 38 anos, Kanatlarovsky xa integrou como xogador a selección de Macedonia en varias ocasións. Na súa traxectoria como xogador pasou polo FK Crevna Zvezda, o Kayserispor e o Deportivo. O macedonio militou no noso club nas tempadas 90-91, cando se conseguiu o ascenso a Primeira, e na 91-92, xa na máxima categoría do fútbol español.