RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Kevin Sánchez, citado para uns adestramentos coa selección española sub-19 en Alfaz del Pi

Kevin Sánchez Rey (Burgos, 20 de febreiro de 2005) foi citado pola selección española sub-19 para uns adestramentos que terán lugar na localidade alacantina de Alfaz del Pi do luns 6 ao mércores 8 de maio.

O canteirán branquiazul incorporarase á concentración do equipo nacional o mesmo luns 6, após o partido do Fabril o domingo 5 ás 12:00 no Requexón ante o Real Oviedo Vetusta correspondente á última xornada en Segunda Federación.

O atacante fabrilista é habitualmente titular no equipo que dirixe Óscar Gilsanz, co que anotou 8 goles en 18 partidos xogados até o momento.

Kevin Sánchez, con contrato até xuño de 2028, é un dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Elena Vázquez, Antía Veiga, Claudia Sande, Lucía Rivas, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Moustapha con Marrocos; ou Álex Delgado e Michi Apóstol con Venezuela.