Lemos, intervido con éxito esta tarde polo doutor Rafael Arriaza
O deportivista Álvaro Lemos foi intervido quirúrgicamente esta tarde no Hospital San Rafael da Coruña por o traumatólogo do Club, Rafael Arriaza.
Lemos presentaba unha rotura completa do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo dereito. Na intervención de hoxe, realizóuselle unha plastia de substitución co terzo medio do tendón rotuliano, sen complicacións.
Segundo o equipo médico, logrouse unha excelente estabilidade, polo que o prazo de recuperación estará ao redor dos 6 meses.