RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Lendoiro: A ilusión de todos é alcanzar o título de Segunda

Na súa comparecencia ante os medios de comunicación, Augusto César Lendoiro presentó a nova campaña de captación de socios que leva por slogan: "Fe no Dépor". Habrá cartelería, cuñas

Ademais, lembrou os debedores do Deportivo (Betis, Zaragoza, Real Racing Club), os cales "nos deben unha cantidade infiinitamente superior ao que debemos" e desvelou que o Racing xa "pagou unha mínima cantidade dos beneficios do traspaso de Canles ao Real Madrid, os cales o 50% pertencen ao Deportivo. Ese pago fíxoo a Facenda". Preguntado sobre este asunto polos xornalistas, o presidente asegurou que Facenda "leva o 50% dos traspasos do club".
 
Sobre Andrés Gardado, un futbolista que está a brillar na Copa de Ouro con México, Lendoiro indica que "se van quentando motores" aínda que de momento non hai nada concreto. "Non creo que Andrés sexa un xogador que teña que revalorizarse porque é un crack de equipo grande, aínda que é certo que aquí non tivo moita sorte".
 
Respecto de nomes como Ayoze ou Diego Rivas, Augusto César Lendoiro subliñou que "están aí, encima da mesa".