RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Lendoiro na Ser: O Mundial 2018 que pode organizar España, non chegará a Galicia agora mesmo

O Presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, manifestó esta mañana nunha entrevista a Radio Coruña - Cadea SER que España ten "moitas opcións" de ser organizadora do Campionato do Mundo 2018 e que "a

Así pois, o dirixente branquiazul volveu solicitar diálogo co Concello da Coruña para lograr un novo estadio que permita á cidade subirse ao carro do que suporía para toda a comarca e para Galicia ser unha das sedes mundialistas. "Volvo insistir que non solicitamos unha recualificación para o Deportivo, senón que é o Concello o que sairía beneficiado polos cen mil metros cadrados que ocupa agora mesmo o complexo de Riazor e o Club recibiría unha indemnización como inquilino desa concesión. A maiores poderiamos optar a un novo estadio con servizos que agora non contamos. Por exemplo non podemos garantir a seguridade do trío arbitral e mesmo do equipo visitante", explicou Lendoiro na Cadea SER.