RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Victoria fabrilista na Estrada; e calendario deste mércores, con cita para o filial en Arteixo, o Xuvenil B en Vizoño e o Cadete en Abegondo

Semana de amigables en ANOSACANTEIRA xa confirmados para o Fabril, Xuvenil A, Xuvenil B e Cadete.

Así, o filial tivo cita este martes 12 na Estrada ante o CD Estradense de Tercera Federación.

Foron baixa Aarón, Garrido e Manu Ferreiro, lesionados.

Venceron por 0-3 os branquiazuis, con tantos de Nájera e Mane -2-.

Fabril: Hugo Ríos, Teijo (Mario Hermo, min. 60), Vilela (Lucas, min. 72), Damián (Malick, min. 60), Hugo Torres (Íker Vidal, min. 72), Kike Fernández (Dani Estévez, min. 60), Noé (Adrián, min. 72), Nájera (Hugo Villaverde, min. 72), Fabi (Héctor, min. 60), Dipanda (Domínguez, min. 60) e Mane (Álvaro Fraga, min. 72)

Foi o cuarto amigable nesta pretemporada para o equipo de Manuel Pablo após o do CD Arenteiro en Abegondo (2-2), Racing de Ferrol en Narón (3-2) e SD Compostela en Arzúa (0-2).

Mañá mércores 13 de agosto hai outro amigable para o Fabril. Será en Arteixo (19:30) ante o Atlético Arteixo tamén de Tercera Federación.

Tamén mañá o Xuvenil B xoga en Vizoño (20:00) e o Cadete en Abegondo ante o Ural Español CF (19:00 horas).

A semana complétana os torneos amigables do Xuvenil A en Narón o domingo 17, do Xuvenil B en Chantada o venres 15 e do Cadete en Monforte o sábado 16.

O calendario de amigables confirmados a día de hoxe, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
CD ESTRADENSE 0 - FABRIL 3 (Nájera e Mane -2-)
ATLÉTICO ARTEIXO - FABRIL, o mércores 13 de agosto ás 19:30 en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Categoría xuvenil
8ª edición da Sinde's Cup, no campo de O Sinde (Narón)
Domingo 17 de agosto
Semifinal
10:30: RACING DE FERROL - XUVENIL A
O gañador pasa á final das 19:00 e o perdedor xogará a final de consolación ás 17:30

VIZOÑO SD (Primera Autonómica) - XUVENIL B, o mércores 13 de agosto ás 20:00 no campo de O Pinar (Vizoño)

2º Memorial Abel e Álex no campo de O Sangoñedo de Chantada
Venres 15 de agosto
Semifinais
16:00: SD CHANTADA - XUVENIL B
O gañador xoga a final ás 19:00 e o perdedor a final de consolación ás 18:00

Categoría cadete
CADETE - URAL ESPAÑOL CF, o mércores 13 de agosto ás 19:00 en Abegondo

20º Memorial Jacobo Díaz Camino, nas instalacións Álex Blanco (Monforte)
Sábado 16 de agosto
Semifinal
17:30: CP CALASANCIO - CADETE
O gañador xogará a final ás 20:30 e o perdedor a final de consolación ás 19:30 horas