RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Lendoiro: O tema de Irureta resolverase nun prazo de dez ou quince días

Augusto César Lendoiro respondeu esta tarde ás preguntas dos medios informativos na sala de prensa do club, na Praza de Pontevedra. Renovación de Javier Irureta. "Ata dentro 10 ou 15 días en que manteremos unha conversación con Miguel

Ofertas sobre xogadores do Deportivo

"Todos os anos recibimos ofertas por cinco ou seis xogadores do Deportivo. E ofertas de clubs importantes. Iso quere dicir que os futbolistas deste persoal están moi cotizados".

Centenario do Deportivo

"Que quede claro que o Centenario será dentro de dúas tempadas, no inicio da campaña 2006-07. Non somos partidarios de ningún tipo de celebración durante a tempada oficial".

Canteira

"O Deportivo deu un salto cualitativo con 'O Mundo do Fútbol'. A partir de aquí si temos que aproveitar estas instalacións coas categorías inferiores porque agora podemos traballar. É falso que nós cando chegamos nos cargaramos o fútbol basee. Precisamente este consello de administración, que levamos moitos anos traballando no fútbol modesto. Pero non viamos a idea de golear aos mozos doutros clubs afeccionados da Coruña, que os considerabamos nosos. Por iso asinamos ese convenio ofrecendo cantidade de diñeiro fixo, variable segundo os futbolistas que fichabamos... Agora, con Abegondo, a situación variou porque nós podemos traballar coa canteira. E cada vez aumentamos máis os contactos en Galicia e fóra de Galicia para conseguir aqueles rapaces que poidan empezar a destacar en Albacete, Andalucía... Faime graza cando agora falades da canteira cando o Deportivo leva varios anos traballando de maneira moi seria. Así, todos os campións galegos ata cadetes son do Deportivo. Xisco acaba de ir a unha concentración da Selección Española Sub-20 e Jonathan da Sub-22. E parece que estes rapaces acaban de chegar agora cando xa levan varios anos traballando cos nosos técnicos".

Novo Estadio

"O que si temos claro é que o Deportivo necesita un novo Estadio. E seguimos esperando, xa superando os 1.200 días, que o Concello nos reciba. Si é interesante o que ofrece Culleredo, e nos próximos días si sería bo sentar a falar sobre o particular. En calquera caso hai que lembrar que desde sempre a casa do Deportivo estivo en Riazor, ben na súa localización actual ou ben antigamente nas Escravas. Aínda que claro que manexamos outras alternativas como a de Culleredo, enlazando coa cidade a través da Terceira Rolda ou ben o porto... Que lle digan ao Concello de Abegondo o que supuxo para eles a construción da Cidade Deportiva do Deportivo".

As Palmas

"Calquera pode ser citado no xulgado por un acto de conciliación. Neste caso ademais aínda non sabemos nada. O que si é un feito é que hai un contrato asinado que se tardou anos en perfilar e precisamente a última reunión tardamos 14 horas en ultimar. E esta nova directiva non estivo para nada nestas conversacións e descoñecen por conseguinte o espírito do acordo. No devandito contrato o Dépor tamén ten obrigacións. Percibiriamos unha cantidade, creo lembrar que 240 millóns das antigas pesetas en xogar oito amigables en diferentes anos nas Palmas. E a recadación sería para o club a condición de que se abone tal cantidade ao Deportivo. Ademais da fichaxe de Rubén e Momo poderiamos elixir un futbolista cada ano da canteira do club sempre e cando non disputasen 12 partidos co primeiro equipo. Pero nós tiñamos que ofrecerlles unha lista de posibles xogadores que oscilarían evidentemente dependendo da categoría na que militen os dous clubs, posto que o acordo é de varios anos de duración".

Xira

"Evidentemente se o equipo non se mete na Uefa nin na Copa Intertoto é posible que se deseñe unha xira, non se se por Asia, Centroamerica, Sudamerica..."

Planificación

"A planificación foi perfecta. En pretemporada só xogamos un partido por un contrato en Elxe, e fomos en chárter. Despois practicamente non nos movemos da Coruña. Outra cousa é que chegasen fichaxes ou non. Pero custan diñeiro. E o diñeiro non nos cae do ceo. Ademais que me digan ao meu que estes xogadores, que estiveron a piques de meterse na final da liga de Campións, non son bos xogadores. Por exemplo ante o Atlético todos os que saíron no once inicial foron internacionais e só Romeu superaba os 30 anos de idade. Que pasou? Esquecéuselles xogar ao fútbol?

Luque

"Xa dixen que non recibimos nada sobre Luque nin do Atlético nin do Barcelona. Outra cousa é que eles falasen pola súa conta. De feito a min chamoume Enrique Cerdeira para confirmar a dita reunión co pai de Luque e con algunha persoa máis".

Recualificacións

"Nós temos que competir con equipos cun potencial económico increible e que ademais reciben apoios institucionais para aumentar ese potencial. Caso do Real Madrid coa recualificación da Cidade Deportiva, o Barcelona, co Mini Estadi..., agora o Zaragoza, o Sevilla, o Betis, a Valencia. Quen nos dese ter a metade de potencial económico que ten o Barcelona ou o Real Madrid".