RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lía, novidade na lista do Dépor ABANCA para visitar mañá mércores ao Atlético de Madrid

Rosalía Muíño González 'Lía' é a gran novidade na lista de convocadas do Dépor ABANCA para visitar ao Atlético de Madrid mañá mércores 19 de maio (18:00 horas, #Vamos), en partido correspondente á 25ª xornada da Primera Iberdrola aprazado no seu día por casos de COVID-19 no conxunto branquivermello.

A futbolista coruñesa, que regresou a Galicia nos últimos días da súa estancia en Estados Unidos, xa presenciou na bancada de Abegondo o partido contra o RCD Espanyol do pasado sábado; completou con normalidade as sesións de traballo de onte luns e hoxe martes en Abegondo; e entrou na convocatoria de Manu Sánchez para o choque na Ciudad Deportiva Wanda Alcalá de Henares.

A Lía referiuse Alba Merino na sala de prensa esta mesma mañá: "Aquí todos a coñecemos. É unha xogadora cunha calidade impresionante. Estivo un par de adestramentos. Vaino a dar todo tamén como deportivista que é desde pequena. Para nós é un orgullo que volva connosco", apunta unha das referentes do vestiario deportivista.

Son baixa mañá mércores Stephannie Blanco, sancionada por acumulación de amoestacións; e Carolina Arbeláez, en proceso de recuperación.

As canteirás Eva Dios e María Figueroa forman parte da expedición; ademais de Patri López e Carlota, en dinámica do primeiro equipo desde principio de temporada.

O partido de mañá ten unha transcendencia radicalmente diferente para un e outro equipo. O Atlético de Madrid, que caeu á sétima praza da Primera Iberdrola, non se xoga nada no envite. Xusto o contrario que o Dépor ABANCA, coa salvación a cinco puntos, agora marcada polo Rayo Vallecano: 29 puntos contan as vallecanas por 24 as branquiazuis.

O Dépor ABANCA adestrouse esta mañá en Abegondo e viaxa a continuación a Alcalá de Henares, segundo esta folla de ruta:

Martes 18 de maio
13:30 h.: Saída do voo de Santiago con destino ao Aeroporto de Madrid - Adolfo Suárez
14:40 (hora estimada): Chegada ao Aeroporto de Madrid e traslado ao hotel AC Alcalá de Henares

Mércores 19 de maio
18:00 h.: Atlético de Madrid - Deportivo ABANCA na Ciudad Deportiva Wanda Alcalá de Henares
Ao concluír, regreso en autocar á Coruña