RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lista de convocados do Deportivo para o partido ante o Sevilla

Ao finalizar o adestramento desta mañana, Miguel Ángel Lotina facilitó a lista de convocados para o partido de mañana sábado en Riazor (22.00 horas) ante o Sevilla. A convocatoria está formada por estes xogadores:

En rolda de prensa, o capitán do equipo, Manuel Pablo, manifestou que o persoal está centrada en lograr a vitoria. "Xa falamos. O míster busca que reaccionemos. Perdemos cinco partidos seguidos e demos unha moi mala imaxe en Zaragoza. Así non imos sacar isto adiante", indica.

Cre que lle falta ao equipo "estar máis solto. Fáltanos intensidade e crelo. Estar máis metido, reaccionar antes e vivilo", razoa Manuel Pablo.

Asegura que o seu nocello esquerdo danado na Romareda está recuperado "despois de adestrar hoxe ben" e mostrouse "contento" de que estea preto de cumprir o número de partidos que lle permite renovar automaticamente co Deportivo.