RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Miguel Loureiro, na súa presentación: "O Club está a dar pasos axigantados"

Miguel Loureiro Ameijenda (A Silva, Cerceda, 21 de novembro de 1996) foi presentado este mediodía como novo xogador do Dépor até xuño de 2028.

Fernando Soriano destacou que é "coruñés, nacido en Cerceda" e que "pode ocupar o lateral dereito, o central dereito, en liña de 3 calquera das posicións".

Subliña o Director de Fútbol do Dépor a súa "intensidade, a súa agresividade, experiencia... experiencia que nos faltaba nesa faceta defensiva e vainos a achegar o liderado que nos pode vir moi ben".

Pola súa banda, Miguel Loureiro advertiu que a súa volta ao Dépor foi "bastante complicada. Había que porse de acordo o Deportivo, a SD Huesca e nunha parte estar de acordo co CD Lugo. A SD Huesca sabía a miña intención. Eu tentei falar con eles desde que souben o interese do Dépor, que tratasen de buscar unha solución mellor para todas as partes. Foi difícil porque hai que chegar a puntos de encontro que non son sinxelos. O Dépor fixo un esforzo importante. Eu tamén puxen todo do meu parte para poder estar aquí; e estou moi feliz de que puidese acabar todo ben e estar a gozar do día a día e do Dépor".

O novo defensor deportivista admitiu que a presenza de Antonio Hidalgo xogou un papel "bastante importante. Para que un Club aposte por ti teñen que estar de acordo todas as partes dun Club e o corpo técnico é unha parte importante tamén. Desde o primeiro momento quiso traerme aquí, demostroume toda a súa confianza, que quería que estivese aquí con el. Eu encantado. É un técnico ao que lle debo moito, que confiou en min moito. E agradezo ese interese e esa aposta".

Con pasado nos infantís de #ANOSACANTEIRA, confesa que "nunca cheguei a imaxinarme xogando no primeiro equipo do Dépor. É certo que estás aquí, en Abegondo, que ves aos xogadores do primeiro equipo, naquel momento en Primera División. A pesar de que os ves preto ao mesmo tempo víao moi lonxe polo que me transmitía a miña contorna, a complexidade do fútbol, a cantidade de rapaces que xogamos e a pouca xente que consegue chegar. Era algo que na miña mente non me atrevía a soñar".

Agora, di estar "moi feliz, moi contento de estar aquí en casa, de vivir isto. O Club está a dar pasos axigantados. As instalacións melloraron dunha forma incrible e o día a día é inmellorable. Mellorou todas as miñas expectativas".

Finalmente, recalca "estar cómodo en todas as posicións de atrás. É certo que cos anos vas gañando experiencia, vas sendo capaz de entender máis o fútbol e iso permite adaptarte a diferentes posicións. Vin de competir en central en defensa de 4, en defensa de 5, de central, de carril... É importante ter esa capacidade de adaptación, esa versatilidade que lle dá ao míster variabilidade de utilizar os xogadores. Estou cómodo en todas as posicións e vai depender do plan de partido de cada semana, das necesidades do equipo cada semana".