RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Lista de convocados para o partido de mañá venres en Sevilla ante o Real Betis

Ao finalizar o adestramento desta mañana, Gaizka Garitano citó a 20 futbolistas para o partido de mañana venres 26 de agosto en Sevilla ante o Real Betis (20.45, Benito Villamarín, Gol TV).

Na sesión de hoxe, con todos os futbolistas dispoñibles, o técnico deportivista incidiu nas finalizacións, con aperturas a banda e chegadas; e un partido once para once. O traballo sobre o céspede finalizou con ensaio de accións de estratexia.

O próximo adestramento do equipo será o sábado ás 11.30 en Abegondo.

O plan de viaxe a Sevilla é o seguinte:

Venres 26 de agosto
10.00: Saída do voo chárter do Aeroporto da Coruña con destino Sevilla
11.25: Chegada aproximada a Sevilla e traslado ao Hotel Meliá Colón
20.45: Betis - Deportivo (Gol), no Estadio Benito Villamarín

Sábado 27 de agosto
00.30: Saída do voo do Aeroporto de Sevilla con destino Santiago
1.50: Chegada aproximada a Galicia