RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Lousame, Noia, Pobra, Bergondo e Sada visitaron Riazor

Os nenos dos concellos de Lousame, Noia, Pobra do Caramiñal, Bergondo e Sada que esta semana participan no campus da Deputación, organizado polo Deportivo, visitaron esta mañá a cidade herculina e percorreron as instalacións do Deportivo.

Continúa aberto o prazo de inscrición para o cuarto e quinta quenda do campus de futbol do Deportivo. Os interesados deben dirixirse ás oficinas do Deportivo sitas na Praza de Pontevedra 19 1º da Coruña.

Os prezos de inscrición son 81 euros para o público. Os socios ou accionistas do club ou ben fillos de socios ou accionistas pagarán 75 euros. Estas dúas tarifas son para nenos e nenas en réxime de externado. A maiores, se os nenos necesitan transporte, deben pagar un suplemento de 15 euros.

Tamén o Campus do Deportivo ten previsto réxime de mediapensión e internado. Os mediopensionistas socios ou accionistas ou ben fillos de socios ou accionistas do Deportivo deben pagar 230 euros. 250 euros para o público en xeral. O transporte tamén ten o suplemento adicional de 15 euros. A comida sempre será nas dependencias da Universidade Laboral, en Acea de Ama (Culleredo).

Por fin, os que desexen incorporarse en réxime de internado, teñen estas tarifas: Socios ou accionistas ou ben fillos de socios ou accionistas: 365 euros
Público en xeral: 385 euros

Neste caso, a recepción dos nenos será o domingo anterior ao comezo da quenda, ás 18.30 en Acea de Ama. A saída será o sábado seguinte, ás 16 horas.

O réxime de mediapensión e internado só será posible para nenos e nenas de 10 a 12 anos. Para o de externado, con horario de 10 a 14.30 horas, pódense apuntar nenos e nenas entre 6 e 14 anos.

Os nenos poden repetir nas quendas seguintes as veces que o desexen.