RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Lucía Rivas foi titular na goleada de España a Bélxica no Europeo sub-17

-Foto:@rfef.es

 

Lucía Rivas está concentrada en Suecia coa selección española sub-17 con motivo da Fase Final do Campionato de Europa.

Co billete xa para as semifinais no peto, a canteirá branquiazul concluíu hoxe domingo ante Bélxica a Primera Fase.

Ambas as seleccións víronse as caras anteriormente en 6 partidos, saldados con 6 triunfos españois; cun balance de 21 goles a favor de España e 0 en contra. 

A futbolista do Dépor ABANCA foi titular na goleada española (0-5) e dispuxo dalgunha boa ocasión para marcar, como un remate que se lle marchou alto desde a frontal da área pequena. Foi substituída no minuto 72 por Lúa Arufe.

Con este resultado, España suma 3 triunfos no que vai de competición, co do luns 6 de maio ante Portugal (3-0) e o do pasado xoves ante Polonia (1-0).

Lucía Rivas tivo minutos de xogo no encontro ante as portuguesas, ao substituír a Ainoa Gómez no 82.

O mércores 15 de maio ás 15:30 agarda Francia nas semifinais do Campionato de Europa.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Luns 6 de maio
ESPAÑA 3 - PORTUGAL 0

Xoves 9 de maio
ESPAÑA 1 - POLONIA 0

Domingo 12 de maio
BÉLXICA 0 - ESPAÑA 5

Semifinais
Mércores 15 de maio
15:30: ESPAÑA - FRANCIA no Klostergårdens IP de Lund

Lucia Rivas é un dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Elena Vázquez, Antía Veiga, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Moustapha con Marrocos; ou Álex Delgado e Michi Apóstol con Venezuela.