RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Luckia, novo patrocinador do Real Club Deportivo

  O Estadio de Riazor serviu como marco incomparable para o anuncio do acordo de patrocinio polo que Luckia convértese en novo patrocinador do Real Club Deportivo para o que resta de tempada e unha campaña más. Tino Fernández

"Para o Deportivo é un pracer e unha honra presentar este patrocinio cunha empresa coruñesa, unha das grandes empresas de toda Galicia que opera no ámbito do entretemento e o xogo de forma internacional. Esperamos que poida estar moitos máis anos acompañándonos e que isto sexa un éxito para todos. Darlle as grazas a José González, presidente, a Alfredo González, vicepresidente, e a toda a compañía polo apoio mostrado", destacou Tino Fernández.
 
José González, presidente de Luckia, deixou clara a súa satisfacción polo anuncio: “Para nós é un orgullo seguir mostrando o noso apoio incondicional ao deporte galego como sempre propuxemos. Así, queremos que este sexa o inicio dunha longa colaboración por parte da única compañía 100% española, e neste caso coruñesa, a cal se atopa entre o dez primeiras da canle online”. Deste xeito, José González mostrou o seu compromiso e orgullo polo acordo alcanzado co Deportivo remarcando á entidade coruñesa “como un compañeiro moi especial para reforzar a imaxe da marca Luckia de forma nacional e internacional”. 
 
Luckia Gaming Group é unha empresa 100% española de orixe galega que na actualidade dá emprego a máis de 2.600 persoas e que conta con máis de 40 anos de experiencia no sector do xogo.