RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Luisinho: Non estamos tocados para o derbi. Estamos preparados

Luisinho foi o protagonista esta mañana na sala de prensa de Abegondo. Recoñece que "sabíamos que onte era un partido difícil, que nos enfrentábamos a un gran equipo, e después coa derrota e coas dúas ausencias (Sid

Unha vez pasado o Campo Nou, "hai que seguir agora traballando. Temos un partido difícil contra o RC Celta (domingo 23 de outubro, 12.00 horas, en Balaídos) e hai que preparar xa ese partido".

Cre que o Deportivo onte "estaba a responder ben dentro do campo. Houbo un fallo e despois foi xa máis complicado, con 1-0 para eles. Sabemos a calidade do Barcelona, e as cousas foron xa máis difíciles".

Opina que non hai que buscar escusas na actuación arbitral: "O Barcelona gañounos e gañounos ben. Sabemos que hai sempre queixas das dúas partes". "Equivocouse para as dúas partes. Noutros partidos tampouco os arbitros foron o máis coherente posible. Non queremos que nos beneficien pero que tampouco nos prexudiquen", engade.

Asegura que "non estamos tocados para o derbi. O equipo está preparado para iso. Perdemos contra o Leganés en casa e respondemos ben contra o Athletic Club. É un derbi e hai que gañalo".

Subliña que o choque ante o Celta "é un partido distinto. Os xogadores que estamos aquí estamos concienciados que é un partido diferente. Vai ser distinto ao do Barcelona".