RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Luque, Sanz, Lendoiro e o Superdépor

por Carlos Cariñou (Diario As) En Málaga teñen un espello en quen mirarse: A Coruña e o Superdépor. A continuación reproducimos íntegramente o artícu de opinión que o xornalista Carlos Cariño

"Albert Luque deulle moito ao Deportivo. Grandes tardes de fútbol, unha época irrepetible de triunfos e 14 millóns de euros que pagou o Newcastle. Se o equipo galego fixese un once cos mellores xogadores deportivistas de todos os tempos, Luque estaría con Bebeto, Mauro Silva, Djukic, Fran, Valerón, Acuña ou Rafael Franco. Segue pensando en branquiazul, pero agora con outra camiseta, tamén moi especial e querida para el: a do Málaga, equipo ao que preferiu vir antepondo cinco propostas da nosa Liga superiores no económico, pero non no que realmente buscaba: felicidade e calidade de vida. Se marca en Riazor non o vai a celebrar en consideración a unha afección á que ten muchisimo agarimo e aprecio verdadeiro.

Di Luque que o Málaga lle lembra aos comezos en que o despegamento do Deportivo trouxo todo un Superdepor. O Málaga de Fernando Sanz é un milagre. E milagre en fútbol é traballo ben feito. Tamén Augusto César Lendoiro colleu ao Dépor en Segunda, arruinado e a piques de baixar a Segunda División B. E leva 19 tempadas ininterumpidas en Primeira División. O Presidente deportivista saneou un club ao bordo da desaparición. O seu home foi Arsenio Igrexas. Sanz confiou en Muñiz. O seu Málaga non só non baixou senón que encima ascendeu e puxo o primeiro ladrillo en aras da súa consolidación. Ten razón Luque. O Málaga pode ser dentro de poucos anos o sucesor do Superdepor. ¿Supermalaga? A verdade é que soa realmente ben".