RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Luxemburgo, primeiro rival mañá mércores de Dani Barcia e a selección española sub-19

- Foto: @SeFutbol -

Dani Barcia foi convocado pola selección española sub-19 para disputar en Luxemburgo o mini torneo de clasificación para o Campionato de Europa da categoría.

O defensor coruñés incorporouse onte luns 8 de novembro á concentración do equipo nacional en Pozuelo de Alarcón (Madrid), para desprazarse a continuación a Luxemburgo.

Precisamente a selección anfitrioa será o primeiro rival de España mañá mércores 10 de novembro a partir das 18:00 horas.

En xogo estará unha praza para a fase final do Campionato de Europa, cuxo título ostenta España desde Armenia 2019.

O calendario de partidos de Dani Barcia é o seguinte:

Mércores 10 de novembro
18:00: ESPAÑA - LUXEMBURGO, no Terrain Bousbierg Stadium de Bissen

Sábado 13 de novembro
18:00: ESPAÑA - ACERBAIXÁN, no Terrain Bousbierg Stadium de Bissen

Martes 16 de novembro
18:00: BÉLXICA - ESPAÑA, no Terrain Bousbierg Stadium de Bissen

Así pois, Dani Barcia, titular o pasado domingo co Fabril en Tercera RFEF ante o CD Barco, perderase a visita do filial branquiazul ao Alondras CF prevista para a próxima fin de semana.