RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Makaay, máximo goleador da liga se non se contan os tantos de penalti

O deportivista Roy Makaay é o máximo anotador da liga Española con 20 tantos, empatado con Catanha, se non contamos os goles marcados desde os 11 metros. O holandés -e o xogador do Málaga- serían os virtuais Pichichis desta Liga a falta de catro xornadas.

Salva, autor de 25 dianas, anotou 10 desde o punto de penalti mentres que Hasselbaink, con 23, marcou 4 transformando máximos castigos. Catanha, tamén con 23, marcou só 3 de penalti polo que o número de goles en xogadas de campo é igual ao do deportivista.

Por tanto, nunha virtual táboa clasificatoria de goleadores na que non se contasen os tantos desde o punto de penalti, o primeiro posto estaría ocupado por Roy Makaay e Catanha.