RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Makaay, virtual Bota de Ouro

Unha vez concluída a liga en Holanda, na que Kezman, do PSV, estaba preto de alcanzar a Roy Makaay, o xogador deportivista está máis preto de lograr a Bota de Ouro do fútbol europeo. Makaay, con 27 tantos, é o máximo anotador da tempada a falta de tres xo

Por detrás do dianteiro branquiazul están Nihat, da Real Sociedade, con 20 tantos, e Kovacevic e Ronaldo, con 19.

Kezman anotou 35 goles, pero en Holanda multiplícanse por 1,5, un coeficiente inferior ao da liga española, que como está considerada como de maior dificultade, multiplica o valor de cada gol por 2. Makaay, segundo estes datos, suma 54 puntos, mentres que Kezman quedouse con 52,5.

Makaay sería o primeiro xogador na historia do Deportivo en alzarse coa Bota de Ouro e o terceiro en conseguila para a liga Española, despois de Hugo Sánchez, co Real Madrid, e Ronaldo, para o Barcelona.