RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Mal ambiente en Barcelona para recibir ao Deportivo

Hai 25 anos era noticia o mal momento no que se atopaba internamente o Español de Barcelona na súa cita no partido de Copa ante o Deportivo.

En castelldefells estableceu o Deportivo a súa "base" ante o encontro desta noite fronte ao Español. A lista de xogadores que se desprazaron é esta: Buyo, Quique, Pardo, Piña, Galego, Vituco, Ballesta, Canario, Pousada, Ito, García, Cantudo, Núñez, Castro e Miguel.

Arza indicou que a aliñación a facilitará, como é a súa norma, momentos antes do encontro. Esta mesma noite está previsto o regreso dun grupo de deportivistas á Coruña, outros viaxarán a diversas cidades de España para gozar coa súa familia destas vacacións do Nadal.