Mal día do Fabril, derrotado en Madrid pola Unión Adarve
- Foto: @UnionAdarve -
O Fabril sumou ante a Unión Adarve madrileño a súa segunda derrota da temporada (3-0), en encontro da 14ª xornada ligueira disputado esta mañá. Aos fabrilistas saíulles todo ao revés, ante un rival que aproveita ao máximo as especiais condicións do seu terreo de xogo: reducidas dimensións e herba artificial.
Aínda por riba, Lucas e Carlos López caeron lesionados, á espera da súa avaliación médica polos Servizos Médicos do Club nos próximos días.
Con este resultado, o Fabril mantense na segunda praza do grupo 1º da Segunda División B con 28 puntos, a 5 puntos de distancia do líder Fuenlabrada.
Fabril: Álex Cobo, Blas, Raúl González, Quique Fornos, Lucas, Edu Expósito, Óscar, Carlos López, Uxío, Jardel e Borja Galán. Tamén xogaron: Diego Caballo, Martín Bengoa e Queijeiro.
A próxima fin de semana, o Fabril recibe en Abegondo ao Atlético de Madrid B.
Os resultados até a data do Fabril son os seguintes:
Fuenlabrada 1 - Fabril 2 (Uxío e Óscar) Fabril 0 - San Sebastián de los Reyes 1 Racing de Ferrol 1 - Fabril 1 (Romay) Fabril 3 (Borja Galán, Uxío e Óscar) - Real Madrid Castilla 0 Rayo Majadahonda 0 - Fabril 1 (Andújar en propia meta) Fabril 3 (Diego Cabalo, Uxío e Romay) - Coruxo 1 Ponferradina 0 - Fabril 1 (Edu Expósito) Fabril 1 (Borja Galán) - Valladolid B 0 Fabril 3 (Lucas, Óscar e Queijeiro) - Talavera 0 Navalcarnero 1 - Fabril 2 (Ismael e Jardel) Fabril 0 - Guijuelo 0 Pontevedra 2 - Fabril 2 (Jardel e Óscar) Fabril 0 - Gimnastica Segoviana 0 Unión Adarve 3 - Fabril 0