RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mañá con traballo en dous grupos para o Deportivo

O Deportivo, hoxe ademais co meta xuvenil Brais, regresou esta mañá aos adestramentos co cadro dividido en dous grupos.

Os titulares onte en ABANCA-RIAZOR ante o Zamora CF realizaron un quecemento e tarefas de recuperación entre o céspede, o ximnasio e a padiola dos fisioterapeutas.

Para o resto do cadro, a sesión foi máis intensa, cun exercicio de duelos e fútbol en espazo reducido. Todo iso despois dun quecemento con rondos. Celso Borges, aínda sen alta médica, completou outro adestramento e entra na recta final da súa recuperación.

Adestráronse á marxe do grupo Salva Ruiz, Héctor, Miku e Derik; ademais de Uche, que quedou no seu domicilio cunha gastroenterite.

Mañá martes 30 de marzo haberá xornada de descanso. O primeiro equipo regresa aos adestramentos o mércores 31 de marzo ás 10:30 en Abegondo xa coa mente posta no Marino de Luanco, primeiro visitante en ABANCA-RIAZOR na segunda fase.