Mañá farán a súa presentación ante o Sporting de Xixón
Segue o seu ritmo de traballo o once deportivista de face ao encontro de mañá, ante o Sporting de Xixón, que será a presentación oficial do Deportivo ante os seus afeccionados.
Os branquiazuis móstranse esperanzados ante o partido co Sporting, aínda que son conscientes de que, cada vez máis, os afeccionados esixiranlles un maior rendemento, pois a tempada oficial está a un paso de dar comezo...