Manu Sánchez, técnico do Deportivo ABANCA, citou a todo o seu cadro para o amigable ante a SD Eibar, previsto para mañá sábado 24 de agosto ás 17:00 no Estadio Román Suárez Puerta de Avilés.
Causan baixa Érika, cunha escordadura de nocello; Miriam, cunha contusión nun pé; do mesmo xeito que Miralles, Alba Suárez e Patri López, que nesta ocasión desprázanse co Deportivo ABANCA B a un torneo '3 en 1' en Posada de Llanes (Asturias).
Así pois, as convocadas son: Misa, Sullastres, Cris, Laura, Noelia Villegas, María Méndez, Yamamoto, Peke, Athenea, Michelle Romero, Teresa Abelleira, Kika, Nuria Rábano, Silvia Mérida, Patri Díaz, Alba Merino, Gaby e Iris.
A entrada para os afeccionados será única, ao prezo de 5 euros.
O RC Deportivo quere agradecer ao Real Avilés todas as facilidades dadas para a celebración deste encontro entre un equipo de Primeira Iberdrola (Dépor ABANCA) e outro de Reto Iberdrola (SD Eibar).
As citas de pretemporada previstas para o Dépor ABANCA, cos resultados dos partidos xa xogados, son as seguintes:
Mércores 31 de xullo, dezaseisavos de final da Copa Deputación: Once Caballeros CF 0 - Deportivo ABANCA 4 (Nuria Rábano, Kika, Peke e Noelia Villegas)
Domingo 4 de agosto: Campo de La Eragudina (Astorga), Deportivo ABANCA 0 - Madrid CFF 2
Luns 5 de agosto: Oitavos de final da Copa Deputación, campo da Porta Santa (Paiosaco), UD Paiosaco Hierros Añón 0 - Deportivo ABANCA 8 (Patri López -3-, Nuria Rábano -2-, Peke -2- e Silvia Mérida)
Xoves 8 de agosto: Cuartos de final da Copa Deputación, Abegondo: Orzán SD 0 - Dépor ABANCA 9 (Michelle Romero, Yamamoto, Peke -3-, Alba Suárez, Patri López, Gaby e unha futbolista rival en propia meta)
Sábado 10 de agosto: Trofeo Teresa Herrera, Estadio ABANCA-RIAZOR, Deportivo ABANCA 1 (Alba Merino) - UD Granadilla 5
Domingo 11 de agosto: Semifinais da Copa Deputación, Municipal de Santa Isabel (Santiago), Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Patri López, Carlota, Peke e Alba Suárez)
Mércores 14 de agosto: Final da Copa Deputación, campo das Eiroas (Carballo), Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA 6 (Peke, María Méndez -2- Alba Suárez, Nuria Rábano e Carlota)
Sábado 17 de agosto: Trofeo '3 en 1' Vila de Jovellanos, campo de Santa Cruz (Xixón), Deportivo ABANCA 2 (Peke e Alba Merino) - Real Oviedo Femenino 0; Sporting de Gijón 0 - Deportivo ABANCA 4 (Alba Merino, Michelle Romero e Gaby -2-)
Sábado 24 de agosto: Estadio Román Suárez Puerta (Avilés), 17:00 h, Dépor ABANCA - SD Eibar
Sábado 31 de agosto: SC Braga - Deportivo ABANCA, en Braga (Portugal)


