RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Manuel Fraga: Todos auguramos ocasións de gloria ao Deportivo

"Todos auguramos ocasións de gloria ao Deportivo", leste foi un dos desexos expresados polo presidente da Xunta, Manuel Fraga, no acto de entrega da Medalla de Ouro de Galicia ao Real Club Deportivo da Coruña, e engadiu "o pobo de Galicia desexa que esta

Augusto César Lendoiro, presidente do Club, recibiu o galardón en nome da entidade branquiazul. A concesión desta distinción é, en palabras do máximo mandatario deportivista e resumindo o sentir de xogadores, socios, accionistas e afeccionados en xeral, "é un poderoso estímulo para seguir día a día estendendo a mensaxe de calidade, constancia e solidariedade que sempre caracterizou a este pobo".

Así mesmo, e en nome de todos os homenaxeados, Augusto César Lendoiro agradeceu poder gozar cada día do milagre dunha terra "co tesouro da súa variedade e calidade en todas as ordes" e augurou unha "brillante historia", aínda que non recoñecida por aqueles que se pechan con "esperpénticas barreiras de tópicos ou negras sombras".

O Consello da Xunta aprobou no seu momento o decreto polo que se concede a Medalla de Galicia de Ouro ao Real Club Deportivo da Coruña S.A.D., considerado pola UEFA como un do cincuenta mellores equipos de Europa, en recoñecemento á súa brillante traxectoria deportiva. Segundo a Xunta, o Deportivo da Coruña conta coa traxectoria máis brillante alcanzada nunca por un equipo de fútbol galego.

O artista Eugenio Granell, a título póstumo, foi a outra Medalla de Ouro de Galicia 2002 entregada este 25 de xullo e que foi recollida pola súa viúva, Amparo Segarra Vicente.

Na categoría de Prata a Medalla de Galicia foi concedida este ano a Plácido Baamonde López, enxeñeiro, a Diego Bernal López (a título póstumo), xornalista, e a Angel María Carracedo, catedrático de Anatomía Patolóxica da Facultade de Medicina de Santiago. Nesta categoría as distincións concedéronse a outro dez destacados profesionais, institucións e empresas, como Zeltia, Elías Tovar Martín, Domingo Dosil, Dores Esther Fernández, José María Fernández de Sousa Faro, Rafael Catalá Polo, Centro Galego de Montevideo, Colexio Liceo A Paz, Aniceto Luís Charro Salgado, Francisco García Bobadilla, José Baltasar Silveira Cañizares e Arnaldo Sousa mentres que na categoría de Bronce entregáronse 14 Medallas, entre elas ao presidente do centro galego de Buenos Aires, Elías Fernández, ou o compositor Manuel Muñiz e a Avelino Rodríguez García, Amelia Valiño, Félix Quintero, Bautista Álvarez Rei, Armería Álvarez, Miguel Anxo Barral Varela, José Blanco Pazos, Club Baloncesto Obradoiro, Arturo González, Juan Francisco Pita Porto, María del Carmen Quintero e Francisco Javier Rodríguez.