RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Manuel Pablo advirte da experiencia do Marino e pide "non contaxiarnos dese ritmo que leva"

Manuel Pablo advertiu esta mañá na sala de prensa de Abegondo que o Marino de Luanco, rival mañá sábado ás 18:00 (YouTube RC Deportivo) en ABANCA-RIAZOR, é un rival moi, moi veterano, que ten moitos xogadores que xogaron en Primera División, con moita calidade, con moita tranquilidade". 

Destaca que o conxunto asturiano "asóciase moi ben. É verdade que xogan ao seu ritmo e nós temos que tentar non contaxiarnos".

O técnico fabrilista subliña do Marino a súa experiencia, "sabe moito disto, non se pon nervioso e o que temos que facer nós é non contaxiarnos dese ritmo que leva, tentar quitarlle o balón e tentar facerlle dano".

Finalmente asegura que os problemas de lesións, sobre todo na defensa, "arranxarémolo coa xente da canteira".