RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Manuel Pablo: Aínda me falta un pouquiño

Manuel Pablo disputou 85 minutos no Trofeo Concepción Arenal ante o Racing de Ferrol e esta mañá traballou co cadro de persoal deportivista en Vilalba. O xogador mostrouse satisfeito polo seu rendemento no encontro "xoguei 85 minutos e podía xogar máis".

Pero o lateral canario recoñeceu que aínda que a súa evolución é moi boa "aínda me falta un pouquiño para ser o de antes".

César: É unha sorte ser habitual nas categorías inferiores da selección

O central César Martín tamén falou do encontro ante o Racing "foi un partido moi esixente, houbo que empregarse moi a fondo e foi duro pero agora hai que preparar a Supercopa".
Os xornalistas desprazados a Vilalba preguntáronlle sobre a lista que o seleccionador Iñaki Sáez facilitará mañá para o amigable ante Hungría e César afirmou "eu tiven a gran sorte de ser habitual nas listas da selección das categorías inferiores" e asegurou que non lle importaría volver.