RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Manuel Pablo quere un Fabril "máis determinante en ataque e en defensa"

Manuel Pablo márcase como meta do Fabril nesta segunda volta en Segunda Federación "crecer, mirar cara a adiante, pero para iso temos que mellorar en ser determinantes en ataque e en defensa".

Cre que "estamos a mellorar no xogo, en ter máis control do xogo. Fáltanos que tentamos chegar combinativamente moitas veces e aí ser máis determinantes, acabar máis xogadas, non quedar moitas situacións aí en nada. É no que tentamos traballar un pouco".

Do Real Ávila CF, rival este domingo 12 de xaneiro ás 17:00 no Estadio Adolfo Suárez, advirte que "fixo unha primeira parte da temporada boa. É verdade que os últimos partidos custoulles máis; pero é un equipo coas ideas claras, fútbol directo, segundas xogadas e a partir de aí facer dano. Nós seguimos a mesma liña pero mellorando sobre todo nas áreas, que eu creo que é onde nos está custando un pouco máis".