RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Manuel Pombo: "Temos a todo o cadro ao 100%"

O regreso do Deportivo aos adestramentos, Manuel Pombo, preparador físico do primeiro equipo, atendeu aos medios de comunicación na zona exterior habilitada para prensa na Cidade Deportiva.

Estas foron algunhas das súas frases.

Mes de prazo para arrincar a liga

"Inicialmente cun mes imos moi curtos. Normalmente sería mellor un modelo de 6 semanas. Pero é a realidade que temos e debemos adaptarnos a ela. O máis importante é construír un estado de forma no que o xogador non se lesione nesa construción; porque se hai unha lesión xa se paran os xogadores para recuperarse e é difícil chegar ao momento de competir".

"Catro semanas é un tempo moi discreto para volver alcanzar un bo estado de forma e para un deporte que é técnico-táctico. E se nos dan máis semanas vai axudarnos a construír mellor o estado de forma individual e colectivo".

Estado dos lesionados

"Dentro do malo que é esta época da pandemia, se para algo veu ben é para os xogadores con lesións musculares e sobrecargas articulares. E neste tempo púidose solucionar e están en perfecto estado de forma".

"Temos a todo o cadro ao 100%. Este tempo de confinamento axudou a que certos xogadores que tiñan sobrecargas as limpasen co descanso e as medidas do corpo médico e de fisioterapia. Agora están os xogadores en perfecto estado para adestrar".

Aspectos para traballar nesta 'pretemporada'

"O máis importante é que os xogadores non se lesionen. E para que iso ocorra, gradualmente temos que ir ofertando tensión ao seu organismo. Dentro dos contidos o máis importante é o técnico-táctico xa que en termos biolóxicos non imos buscar unha mellora do corpo tan grande porque o momento de manifestar eles o seu estado de forma só vai ser para 4 semanas. Despois xa virían as vacacións. Por iso temos que investir unha mellora da condición física e sobre todo unha mellora do modelo de xogo".

Plan de traballo

"As fases coñecémolas pero non sabemos se se vai a variar algún aspecto temporal dalgunha fase. Na fase de adestramento individual o obxectivo fundamental é a mellora dos factores condicionais: forza, forza reactiva, capacidade de acelerar, decelerar, cambiar de dirección. En termos de xogar a nivel intermitente é un aspecto que nos imos a centrar moito nel, xunto a un adestramento preventivo. Despois entraremos na seguinte fase na que os xogadores realizarán un traballo técnico-táctico por grupos e ao final todo o grupo. O fútbol é un deporte de toma de decisións e de coordinación técnico-táctica".

Sesións de adestramento

"Nesta fase individual as sesións van combinar traballo para a mellora da condición física da técnica individual. Hoxe traballamos factores do pase. Había xogadores que levaban dous meses sen realizar un pase, controis orientados. Cada un dos días imos centrar unha parte do adestramento nesa mellora técnica individual que por este tempo que non puidemos realizalo agora temos que actualizar eses patróns técnico-coordinativos".

Pouco tempo para adestrar con todo o cadro

"Construír un modelo de xogo en dúas semanas coas condicións que nos pon non é fácil. O único é que todos imos ter este mesmo condicionante. A construción do modelo de xogo en dúas semanas vai levar un esforzo moi importante pola cantidade de información que o adestrador queira transmitir aos xogadores para construír un sistema de xogo que nos permita ser estables e competir a alto nivel".

Factor psicolóxico

"Despois desta fase de estar recluídos en casa, os xogadores están a observar que é unha liberación vir adestrar á Cidade Deportiva. O factor psicolóxico relacionado co adestramento é positivo. Iso é importante remarcalo. Eles botaron de menos a súa profesión e agora volven poder realizar os traballos da súa profesión".

Lesións

"O tema das lesións é moi importante nun equipo de fútbol pero é máis importante neste momento porque imos ter pouco tempo para que se ocorre unha lesión recuperarnos da lesión e volver alcanzar o estado de forma. Imos competir nun mes todos os partidos. Este é o problema ao que nos enfrontamos. Trataremos de non ter ningunha lesión no tempo de preparación".

Cinco cambios nos partidos

"É moi positiva para o que significa distribuír a carga do traballo dos xogadores, porque imos competir con moita frecuencia. Un aspecto importante é que a fatiga a notan os xogadores cando na segunda parte os metros por minuto que percorren van diminuíndo e cando entra un xogador de refresco é capaz de manter metros por minuto moitos máis elevados. Iso vaille a dar aos equipos maior intensidade nas segundas partes".

Ambiente nos xogadores

"É óptimo o seu estado de ánimo desde o punto de vista que todos chegaron cunha capacidade de exporse adestrar ao 100%, gozar da Cidade Deportiva que temos e a ilusión téñena en tentar conseguir o obxectivo, que non é outro que competir ao mellor nivel para que o equipo quede en Segunda División".

Obxectivos desta pretemporada

"A forma de organizar o traballo é desde o modelo individual de cada xogador a nivel de condición física, e ir integrando a mellora individual en factores técnico-coordinativos; e despois na fase na que o equipo vai traballar a nivel colectivo esa integración para construír un sistema de xogo eficaz e que nos permita gañar moitos partidos".

Estado dos xogadores

"Chegaron nun estado moi bo, moito mellor do que podía esperarse xa que eles modificaron o seu estilo de vida, estiveron na súa casa sen facer unha actividade normal, simplemente facían os adestramentos que tiñamos pautados. Comportáronse excepcionalmente, como grandes profesionais".

Calendario apertado após un momento de inactividade

"É algo ao que nos enfrontamos. Despois de estar parados a resposta tanto dos xogadores como dos sistemas de xogo. A formulación é que temos un tempo para pór o equipo a tope. E nese sistema de competicións tan denso imos tentar que cada día o xogador teña o mellor índice de recuperación da fatiga do partido e construír un adestramento e unhas condicións para que en 48, 72 horas, o xogador sexa capaz de volver xerar esa capacidade de reproducir o esforzo no seguinte partido".

Medidas necesarias para competir tan seguido en pleno verán

"Imos adaptarnos e construír un modelo no que o xogador se recupere o mellor que poida de cada partido para chegar no mellor modelo de rendemento ao seguinte. E en relación ás altas temperaturas, debería de regularse que cando hai temperaturas nas que os organismos médicos deportivos internacionais expoñen problemas para a saúde dos deportistas, eses partidos teñan unhas condicións especiais".

Resultados das probas de COVID-19

"Os xogadores cumpriron como grandes cidadáns neste confinamento. É un aspecto moi positivo do grupo de adestramento que temos".