Martí, con sensación agridoce: "Fixemos un bo traballo, pero o resultado non é o que buscabamos"
José Luis Martí márchase de ABANCA-RIAZOR con bo sabor de boca a pesar do empate: "Soubemos sufrir en momentos puntuais, tivemos ocasións para facer o segundo. Non o fixemos. Após encaixar o 1-1 e aínda así ter 3 ocasións posteriores indícame que é un equipo ambicioso, que quere ir a polos 3 puntos e non renuncia a nada".
O técnico deportivista asegura que "se fixeron moitísimas cousas ben hoxe. O equipo só concedeu 3 ocasións en contragolpe ao rival. E as ocasións que xeramos, que xeramos bastantes".
Iso si, conclúe que "estamos nese momento agridoce. Fixemos un bo traballo pero o resultado non é o que buscabamos".
Pola súa banda, Álvaro Cervera, técnico do Cádiz CF, opina que "en fútbol os resultados son todos xustos. Hai moitas cousas que suman, pero o que máis suma é o gol. Metemos un cada un. Os porteiros estiveron ben".
O adestrador do conxunto andaluz queda con que "puidemos gañar ao final, e eles antes de nós. Pode ser que o resultado sexa xusto".