Máxima igualdade entre Racing Villalbés e Cadete B
Racing Villalbés e Cadete B presentábanse ao partido correspondente á 14ª xornada no grupo norte da liga Galega empatados a puntos (29) na zona alta da clasificación.
Pois ben, o choque no Estadio Roca de Vilalba deparou máxima igualdade (0-0) entre os dous equipos, que acaban a xornada con 30 puntos os dous: 3º o conxunto deportivista e 4º o lucense por golaverage xeral.
Cadete B: Rodrigo, Carlos, Martín Burgos, Gabriel, Eloi, Hugo García, Iván, Xosé, Jacobo, Lombao e Trigo. Tamén xogaron: Hugo Baldomar, Matos e Alexis.
Este sábado 8 de decembro ás 10:00, o Cadete B recibe ao Orillamar SD en Abegondo nunha nova xornada ligueira.
A temporada marcha así para o Cadete B:
Calasanz B 4 - Cadete B 1 (Trigo) Cadete B 6 (Mauro -2-, Trigo -3- e Nils) - Milagrosa 1 Lugo B 0 - Cadete B 1 (Lombao) Cadete B 2 (Iván e Trigo) - Viveiro A 0 Bergantiños B 1 - Cadete B 2 (Suárez e Trigo) Cadete B 5 (Dani, Matos, Suárez -2- e Mella) - Escola Estrada Fútbol Base 1 Victoria CF B 0 - Cadete B 3 (Trigo, Iván e Suárez) Cadete B 1 (Matos) - EF Lalín 1 Cadete B 5 (Xosé, Jacobo -2-, Suárez e un futbolista rival en propia meta ) - Ural CF B 0 Bertamiráns FC 2 - Cadete B 0 Cadete B 1 (Martín Burgos) - CF Dumbría 1 San Tirso SD B 0 - Cadete B 4 (Trigo -2-, Hugo Suárez e Matos) Cadete B 3 (Xosé, Carlos e Mella) - Galicia de Caranza 0 Racing Villalbés 0 - Cadete B 0