RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

Medalla de prata para o Dépor no Torneo Internacional infantil João Sequeira

Un equipo infantil branquiazul proclamouse subcampión da 30ª edición do Torneo Internacional João Sequeira, que se xogou durante estes días na localidade portuguesa de Ponte Frielas.

Onte luns, o equipo dirixido por Borja Souto, San Tirso SD Infantil na División de Honra galega, impúxose (0-2) na semifinal do torneo ao FC Porto.

Hoxe martes, o Dépor caeu na loita polo ouro (0-3) co Sporting CP luso como rival.

Este galardón puxo o punto e final a unha longa fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

O partido destacado o domingo foi o do Fabril, líder de Terceira RFEF, en Abegondo ante o Rápido de Bouzas, 3º na clasificación.

O choque, igualado, acabou en táboas e agora a vantaxe fabrilista sobre o Arosa SC, o seu inmediato perseguidor, é de 2 puntos.

Fóra de casa, o Xuvenil A, após a xesta copeira, regresou á liga na División de Honra cun empate (2-2) ante o Arosa SC no Municipal de Vilaxoán (Vilagarcía); e o San Tirso SD Cadete caeu nos últimos minutos na súa visita ao CD Lugo (2-1).

O sábado viviuse unha exitosa xornada en #ANOSACANTEIRA, con 3 partidos e 3 vitorias en Abegondo; ademais da de #ONOSODERBI cadete en Vigo no máis alto da División de Honra.

Pola mañá, Xuvenil B, 3º na liga Nacional, superou con toda xustiza ao potente Pontevedra CF (5-0), 2º na táboa; e o Infantil, a un Bergantiños CF (9-0) en horas baixas na División de Honra da categoría.

Pola tarde, o Deportivo ABANCA B, sen marxe de erro ao contar unicamente con 2 puntos de vantaxe á fronte da Primeira Nacional sobre o Sporting de Gijón, venceu ao Gijón FF (3-1).

As branquiazuis ataron os 3 puntos a pesar das numerosas baixas por lesión, caso de Noela, Paula Novo, Andrea Ansede e Lucía Couto; e pola subida ao primeiro equipo, como é o caso de Paula Monteagudo.

Fóra da Cidade Deportiva, o Cadete venceu (2-4) ao RC Celta en Vigo en #ONOSODERBI da División de Honra. Os branquiazuis avantaxan en 9 puntos aos célticos na cabeza da clasificación e amarraron, salvo sorpresa, o título ligueiro.

#ANOSACANTEIRA estivo o pasado mércores pendente do partido do Xuvenil A ante o Villarreal CF nos cuartos de final da Copa del Rey. O equipo de Manuel Pablo asinou unha histórica clasificación a semifinais, por segunda vez na historia do Club, após un emocionante choque resolto na prórroga (3-4) ante unha das máis potentes canteiras de España. Desta forma, xogará unha Final Four que se celebrará o próximo mes de marzo con estes rivais: Real Madrid, Athletic Club e UD Almería.

Non tiveron competición esta pasada fin de semana o Orzán SD Xuvenil Feminino (Primeira Autonómica); Orzán SD Cadete B Feminino (Segunda Autonómica, subgrupo 1º); Orzán SD Cadete Feminino (Liga Galega cadete, subgrupo A); Orzán SD Infantil Feminino (Liga Galega infantil, subgrupo A), este á espera de coñecer o calendario da segunda fase da competición; Alevín A (Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º); Benxamín A e Fabril FC Benxamín (Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º).

Finalmente, o Fabril FC Benxamín, dividido en dous equipos, participou o domingo no IX Torneo Indoor Arousa Fútbol 7 na Senra (Ribadumia), competición que foi aprazada o pasado mes de xaneiro debido á humidade derivado das intensas choivas deses días en Galicia.

O Fabril Benxamín FC A caeu en cuartos de final mentres que o B foi brillante subcampión.

Os resultados de hoxe martes e da fin de semana pasada foron os seguintes:

Terceira RFEF
21ª xornada: FABRIL 0 - RÁPIDO DE BOUZAS 0

Categoría feminina
Primeira Nacional, 20ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 3 (Laura Otero -2- e Laura Santos) - GIJÓN FF 1

Categoría xuvenil
Copa del Rey, cuartos de final (disputado o pasado mércores): VILLARREAL CF 3 - XUVENIL A 4 (Seydiba, Hugo Villaverde, Hugo Baldomar e Kevin)

División de Honra, 21ª xornada: AROUSA SC 2 - XUVENIL A 2 (Kevin -2-)

Liga Nacional, 21ª xornada: XUVENIL B 5 (Domínguez -2-, Juan Barros, Adrián e Guerrero) - PONTEVEDRA CF 0

Categoría cadete
División de Honra, 22ª xornada: RC CELTA 2 - CADETE 4 (Rubén -2-, Lucas e Daniel)

División de Honra, 22ª xornada: CD LUGO 2 - SAN TIRSO SD CADETE 1 (Iker Fernández)

Categoría infantil
División de Honra, 19ª xornada: INFANTIL 9 (Casuso -4-, Gael, Trigo -2- e Iker Rozada -2-) - BERGANTIÑOS CF 0

División de Honra, 19ª xornada (disputado o pasado mércores): ED VAL MIÑOR NIGRÁN 2 - SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Javi Seoane e Guille)

Torneo João Sequeira en Ponte Frielas (Portugal)
Primeira Fase
Sábado 18 de febreiro
SPORTING CP 5 - DEPORTIVO 1 (Sergio)
VITÓRIA SC 1 - DEPORTIVO 1 (Raúl)

Domingo 19 de febreiro
DEPORTIVO 2 (Sergio -2-) - SL BENFICA 1

Luns 20 de febreiro
Semifinais
FC PORTO 0 - DEPORTIVO 2 (Iago Varela e Raúl)

Martes 21 de febreiro
Final
DEPORTIVO 0 - SPORTING CP 3

Categoría alevín
Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 2º, 13ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 3 (Iván Gil -2- e Martín López) - ATLÉTICO SAN PEDRO 1

Categoría benxamín
IX Torneo Indoor Arousa Fútbol 7 na Senra (Ribadumia)

Primeira Fase
UD SANTA MARIÑA 1 - FABRIL FC BENXAMÍN B 3 (Raúl González, Alberto Novo e Diego Castelo)
CÍOS VIGO 2 - FABRIL FC BENXAMÍN A 0
VILAGARCÍA SD A 1 - FABRIL FC BENXAMÍN B 11 (Leo Lorenzo -3-, Raúl González -2-, Álex Casado -2-, Diego Castelo -2-, Alberto Novo e Andrés Valencia)
VILAGARCÍA SD B 0 - FABRIL FC BENXAMÍN A 17 (Breogán Díaz -5-, Mateo Songo'o -5-, Mateo Cardelle -3-, Yago Prieto -2-, Saúl Cancela e Gael Fernández)
FABRIL FC BENXAMÍN B 9 (Raúl González -5-, Leo Sánchez -2- e Alberto Novo -2-) - PONTEVEDRA CF 1
AROUSA SC C 0 - FABRIL FC BENXAMÍN A 11 (Breogán Díaz -4-, Mateo Songo'o -3-, Yago Prieto -2- e Saúl Cancela -2-)

Cuartos de final
FABRIL FC BENXAMÍN B 7 (Raúl González -3-. Leo Lorenzo -2-, Alberto Novo e Ares Caamaño) - AROUSA SC B 1
FABRIL FC BENXAMÍN A 0 - RC CELTA B 4

Semifinal
FABRIL FC BENXAMÍN B 7 (Leo Lorenzo -3-, Raúl González -3- e Alberto Novo) - UD SANTA MARIÑA 2

Final
FABRIL FC BENXAMÍN B 2 (Leo Lorenzo -2-) - CÍOS VIGO 11