RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Meliá Hoteis convértese na cadea oficial do Deportivo

- Foto: Susi García - O director xeral de Meliá Hoteis, Alfonso do Poyo e o presidente do Deportivo, Tino Fernández, asinaron esta mañana o acordo polo que a multinacional se converte no destino hoteleiro do Deportivo en to

Do Poyo afirmou que “é un pracer compartir coa cidade e o seu equipo de fútbol un acordo de colaboración que converte ao Meliá María Pita no hotel de concentración do equipo na Coruña e aos hoteis da cadea no aloxamento do Dépor nos desprazamentos que realice polo país. Estamos moi orgullosos e honrados de que nos elixiron. Este acordo materializa a filosofía que temos de achegarnos ás persoas, participando como un actor máis nas actividades da cidade. Queremos achegar o noso granito de area para que o Deportivo cheguei o máis alto posible este ano na liga española para poder terminar en Europa e así pór tamén á súa disposición os hoteis que temos en Europa”, afirmou, antes de concluír “tamén pomos todos os nosos hoteis a disposición dos afeccionados do equipo e traballaremos en ofertas especiais para que poidan estar co equipo”.

Pola súa banda Tino Fernández quixo “agradecer este patrocinio indirecto, xa que o Deportivo afórrase máis dun 40% dos custos de aloxamento na cidade e nos desprazamentos. É outra maneira clara de apoiar ao Deportivo a través deste acordo. Como con todas as empresas que están connosco trataremos de devolverlle con fartura a aposta que Meliá fai por nós. Cada euro conta e todo isto fai posible que o equipo, especialmente na parte económica, sexa capaz de estar ao día, ingresar a Facenda e a Seguridade Social cando ten que facelo, pagar a todos os xogadores empregados e aos provedores que traballan para nós cando corresponde. Ese rigor preocúpanos, obsesiónanos, e esta é unha maneira de, mellorando os servizos hoteleiros, dispor de máis recursos grazas ao apoio de Meliá”.