RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Merecido triunfo do Xuvenil B en Redondela ante o Choco

O Xuvenil B impúxose (1-2) con toda xustiza ao Choco en Redondela, en partido da 5ª xornada da liga Nacional. Rojo e Paulo foron os goleadores nun partido no que o conxunto branquiazul dispuxo de máis dominio do xogo e das mellores oportunidades.

Con este resultado, o Xuvenil B é quinto na táboa con 9 puntos.

Xuvenil B: Antón, Iván, Pedro, Álvaro, Barbeito, Jorge, Ernesto, Julián, Rojo, Bruno e Litos. Tamén xogaron: Borja, Losada, Iñaki, Pablo e Paulo.

O vindeiro xoves 12 de outubro, día festivo, o Xuvenil B ten partido de liga. Será en Abegondo (12:00) ante o Compostela.

Os resultados ata a data do equipo que prepara Pablo López son os seguintes.

Boiro 3 - Xuvenil B 2 (César e Rojo)
Xuvenil B 8 (Rojo -3-, Julián -2-, Pichu, Paulo e César) - Ourense 0
Racing de Ferrol 2 - Xuvenil B 1
Xuvenil B 2 (Rojo -2-) - Arosa SC 1
Choco 1 - Xuvenil B 2 (Rojo e Paulo)