RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Meritorio empate do Dépor no test máis esixente no que vai de pretemporada

- Foto: Swansea City FC-   O Deportivo puxo esta tarde o punto final á concentración en Gran Bretaña con un meritorio empate (0-0) no Liberty Stadium ante o Swansea City FC, un rival da Premier League que a próxima sema

Saíron ao partido os galeses, máis rodados, cunha presión moi arriba. Froito diso, a primeira oportunidade chegou ao seis minutos. Nunha mala saída de balón do Dépor, o esférico chegoulle a Gomis, que á súa vez cedeu a Ayew, diante de Fabricio. Lopo cruzouse providencialmente e evitou co seu corpo o primeiro gol.

Gomis, ao cuarto de hora, volveuno a tentar cun chute raso lixeiramente desviado. Aos 20 minutos, o Dépor conseguiu sacudirse o dominio galés, aínda que aínda sen crear perigo á meta de Fabianski. Seguiu o Swansea buscando a meta de Fabricio. Á media hora, Shelvey, desde a frontal, xutou lixeiramente alto.
 
Pouco despois, o propio Fabricio evitou coa súa luva un cabezazo de Gomis na área pequena. Ao minuto seguinte, Arribas despexa 'in extremis' un pase da morte ao que se aprestaba a rematar Shelvey, o motor do Swansea.
 
No entanto, ao descanso, a pesar do arreón final local, chegouse con igualada sen goles.
 
A segunda parte iniciouse con cambio na portaría deportivista. Lux relevou a Fabricio. Tamén refrescou o Swansea o seu once, dando entrada a Montero, Tabanou e Sigurdsson. Ao minuto de xogo, Gomis, obstaculizado por Arribas, non logrou rematar ante Lux un centro pasado desde a banda zurda.
 
O Dépor freaba ben ao Swansea e aos poucos empezou a crear perigo. O colexiado do partido, L. Evans, non viu un claro penalti na área local por man dun defensor do Swansea a tiro desde a frontal de Luís Alberto.
 
Un doloroso 'bocadillo' forzou un novo cambio no Dépor. Cardoso relevou a un dolorido Luisinho.
 
A mellor xogada branquiazul partiu das botas de Luís Alberto: fixo dous caños e mpvió ben o balón, que acabou na banda dereita. Laure puxo un bo centro que Oriol, de cabeza, mandou fóra por pouco. O centrocampista andaluz repartiu pases e caneos. O Dépor mereceu o gol en varias xogadas como nun dobre remate de Juanfran, tras outra gran xogada de Luís Alberto, que sacou de novo outro defensor galés coa man e a meta Fabianski nunha gran parada.
 
Refíxose na recta final o Swansea e o partido se conviertió nun intercambio de golpes. Navarro evitou baixo paus o primeiro gol galés. Na xogada seguinte, Lux gañoulle un 'man a man' ao central Ki Sung-Yueng.
 
No outro área, Lopo rematou alto un saque de esquina. Os locais responderon cun chute de Montero, que se marchou lixeiramente desviado tras tocar nun defensa branquiazul.
 
O Dépor aguantou ben o último empuxón do Swansea e o partido acabou sen goles.
 
Deportivo: Fabricio (min. 46, Lux), Laure (min. 73, Cani), Lopo, Arribas, Navarro, Álex Bergantiños (min. 73, Juan Domínguez), Mosquera, Juanfran, Luisinho (min. 62, Cardoso), Luís Alberto e Oriol.
 
Árbitro: L. Evans. Amoestou a Luís Alberto, Lopo, Lux, Navarro e Arribas, por parte do Deportivo.