RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Miami será este verán sede dos DéporCampus co I Dépor Soccer Camp Miami

Os DéporCampus continúan coa súa expansión internacional coa posta en marcha de novas sedes. A última en sumarse, Miami, que acollerá do 24 de xuño ao 5 de xullo o I Dépor Soccer Camp Miami, uníndose a Virgina en Estados Unidos, Shángai en China e Xenebra en Suíza.

Técnicos do Real Club Deportivo desprazaranse a Miami para dirixir esta actividade na Caimanera Soccer Fields (8111 NW 54th St, Doral, FL 33166, EEUU), unha instalación indoor única en Florida, con certificado FIFA. As inscricións e toda a información sobre o Dépor Soccer Camp Miami están xa dispoñibles en www.deporsoccercampmiami.com.

Da man de Serviguide USA, LaLiga, Spot Nutrition e técnicos locais, os nenos e nenas de 6 a 14 anos terán a oportunidade de traballar, entre as 09:00 e as 16:00 h. os conceptos do fútbol a través do Método Dépor, que se aplica nas outras 15 sedes da actividade en Galicia, Cantabria e Estremadura.