RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Michi Apóstol, citada por Venezuela sub-20 para dous amigables ante Perú previos ao Campionato Suramericano

Floriángel Mitchell Apóstol Argüelles, 'Michi' Apóstol', (7 de setembro de 2005, Lara, Venezuela) foi convocada pola selección venezolana sub-20 para unha concentración que terá lugar até o próximo 9 de abril na cidade de San Felipe e que servirá como preparación para o Campionato Suramericano Feminino da categoría.

Durante o devandito módulo de preparación están previstos dous partidos ante Perú, o venres 29 e o domingo 31 de marzo.

Ao concluír esta concentración, a selección venozalana participará no citado Campionato Suramericano sub-20, que se desenvolverá do 9 de abril ao 5 de maio en Guayaquil (Ecuador).

Michi Apóstol, que chegou ao Dépor ABANCA o pasado mes de xaneiro, xa debutou nun amigable co primeiro equipo ante o Athletic Club en Astorga aínda que normalmente xoga co filial de Tercera Federación FutFem, no que conseguiu anotar 9 goles en 7 partidos.

A atacante venezolana é unha dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Elena Vázquez, Lucía Rivas, Antía Veiga, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Moustapha con Marrocos; ou Álex Delgado tamén con Venezuela.