RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Michi Apóstol participou no triunfo de Venezuela ante Nueva Zelanda

A deportivista Michi Apóstol está concentrada coa selección de Venezuela en Andalucía.

As venezolanas mídense en dous amigables de preparación a Nueva Zelanda.

O primeiro deles foi este sábado 31 de maio no Marbella Football Center. 

Venceron as venezolanas por 1-3 e a canteirá branquiazul tivo minutos de xogo. Saltou ao céspede no minuto 70 en substitución doutra ex deportivista, Michelle Romero.

A próxima cita para Venezuela será este martes 3 de xuño en horario por confirmar por ambas as federacións.

O calendario de partidos de Michi Apóstol, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte: 

Sábado 31 de maio
NUEVA ZELANDA 1 - VENEZUELA 3

Martes 3 de xuño
NUEVA ZELANDA - VENEZUELA, en lugar e hora por confirmar

Michi Apóstol foi unha das grandes artífices do ascenso do Dépor ABANCA B a Segunda Federación. Xogou un total de 22 partidos, 21 deles como titular, e anotou 26 goles, converténdose na 2ª máxima goleadora do grupo 1º de Tercera Federación.