RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Molina, con molestias nas costas, baixa de última hora

Molina, con molestias nas costas, non entrou na lista de convocados de Javier Irureta para recibir mañá en Riazor ao Athletic Club a partir das 19:00 horas. Tamén son baixa Acuña, Fran e Mauro Silva. O técnico deportivista leva pois aos 18 futbolistas

Pola súa banda, Diego Tristán asegura que "non me sinto máis responsabilizado tras a marcha de Walter. Sigo tendo a mesma responsabilidade", afirmou o dianteiro deportivista. Tamén Jorge Andrade compareceu hoxe ante os medios informativos en 'O Mundo do Fútbol'. O internacional portugués advirte que lle dá igual ao compañeiro que teña mañá no centro da zaga: "Con César, Pablo, e tamén con Romeu ou Héctor xógase moi ben".
O equipo concentrarase esta noite ás 21:00 horas no Hotel A Toja Finisterre.