RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Molina<br>"A por cada balón coma se fose o último"

Con estas palabras referíase Molina á actitude que ha de mostrar o Deportivo en Old Trafford para remontar o resultado do partido de ida e pasar a eliminatoria.

"Imos loitar ata o final. Se nos puxésemos 0 a 1 está claro que nos daría algunha esperanza máis, pero a ilusión de partida será a mesma. O que está claro é que para pasar hai que meter tres goles e para iso temos que xogar moi concentrados, hai que ir a por todas sen ningún temor e sen medias tintas, hai que ir a por cada balón coma se fose o último."

"Entendo que eles poidan ter a confianza de que están en semifinais, pero tamén penso que nós esperamos remontar a eliminatoria."